Ter algún tipo de estrutura é complicado cando un proxecto depende de ti, mais é primordial para manter unha boa saúde mental. Por iso, esta semana seguimos cos consellos sobre saúde mental falando de regular horarios.
O horario máis importante que terás que regular é o do teu sono, xa que o descanso é o pilar do teu ben estar. É probablemente o máis difícil de controlar, pero pouco a pouco, cambiando cada semana media hora (de ir a dormir e de levantarse) poderás conseguilo.
Prioriza as túas tarefas
Despois toca ordear as rúas prioridades. Séntate e escribe todo o que tes que facer normalmente, tanto tarefas profesionais coma comer, ducharte, ir ao ximnasio… Escríbeo todo, e unha vez estea escrito, comeza a priorizar.
Olvídate de poñer primeiro sempre as tarefas profesionais, que é máis importante para ti? Facer un informe ou dar un paseo ca familia? Sé completamente sincerx.
Despois, colle esa lista e colócaa dependendo da urxencia que teñan as cousas. Cando teñas a variable de importancia e urxencia, fai unha lista final de prioridades.
Ferramentas de xestión de horarios
Agora que tes o eu listado final, toca encaixalo nun horario. Crea unha rutina e actividades recurrentes (come sempre a mesma hora, pon un horario fixo de ximnasio…) e pon un límite entre a túa vida persoal e profesional.
Podes recurrir a ferramentas máis tradicionais, coma ter un calendario ou unha axenda, ou elixir algunha ferramenta dixital. Entre as ferramentas dixitais tes ás máis coñecidas coma Google Calendar ou o Calendario de Apple, ou pasar a xestores de proxectos como Notion, Nifty ou Asana.
Está claro que dun día para outro non poderás cambiar toda túa rutina, pero comezar a facer o esforzo de intentar poñer un orde fará que pouco a pouco consigas este obxectivo.
E recorda, temos postos dispoñibles e está aberto o prazo de solicitudes! Podes solicitar un nesta ligazón.