Dentro da programación da StartUp Europe Week 2024, a Deputación da Coruña organizou un ano máis este punto de encontro entre empresas, startups e persoas emprendedoras con base tecnolóxica na provincia da Coruña.

A StartUp Europe Week 2024

A StartUp Europe Week está presente en máis de 300 ciudades en case 50 países. Conta con máis de 250 coorganizadores e é o evento rexional de emprendemento máis grande do mundo.


Durante anos anteriores asistiron máis de 200.000 persoas emprendedoras de todo o mundo.


A Deputación da Coruña e o Pazo de Arenaza son os responsables de traer este evento á provincia da Coruña e máis concretamente ao Pazo de Arenaza.


Este encontro entre persoas emprendedoras, como cada ano, buscou fortalecer o emprendemento local achegándoo a Europa. Trátase dun evento que facilita o networking entre todos os participantes. 


O Coworking StartUp Café 2024


Como parte da programación da StartUp Europe Week 2024, no Pazo de Arenaza, que pertence á Rede Provincial de Espazos de traballo, celebrouse onte xoves 14 de marzo o Coworking StartUp Café 2024. 


Como o ano pasado, contouse cun formato de "world café" no que as persoas participantes puideron falar e compartir ideas mentras tomaron café cos impulsores das empresas: Xoel Vázquez, CEO de Xoia; Rosa Vázquez, socia co-fundadora de Codee; Xose Manuel Feijoo, fundador de Boldest; e María Hermo Rodríguez, CEO e co-fundadora de Galejobs.


Con máis de 25 asistentes, o evento resultou interesante e cheo de inspiración. Rematou cun networking e un "picoteo" que serviu para seguir compartindo ideas entre asistentes.


Ademais de celebrarse presencialmente no Pazo de Arenaza, tamén se puido seguir en streaming a través da nosa canle de YouTube.



E ti? Queres asistir a futuros eventos coma este no Pazo de Arenaza? Seguídenos nas nosas redes sociais e estade atentos e atentas á nosa web para non perdervos ningunha novidade!

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments