A colaboración entre persoas e entre equipos de traballo é fundamental para acadar o éxito en calquer ámbito profesional.


Jim Rohn, empresario estadounidense, explica que si, por exemplo, nos rodean 5 persoas, cada un de nós ten 4 conexións máis na vida diaria. Á hora de coñecer a novas persoas este crecemento faise de maneira exponencial. Este é o poder do networking, que vai directamente ligado ao coworking.


Neste artigo vamos a contarvos un pouco sobre o poder e a importancia do coworking e como nos axuda na nosa creatividade e na nosa vida profesional e persoal.

Recordando que é o coworking

Esta palabra collida do inglés fai referencia tanto ao espacio físico ou virtual que comparten profesionais á hora de traballar, como á propia acción de traballo colaborativo.


O coworking pon á disposición dos usuarios zonas de descanso que facilitan a convivencia e favorecen o networking e o bo ambiente.


Durante estos anos o coworking foi evolucionando ata ser unha das opcións preferentes para moitos profesionais.


Ofrece, ademais, numerosas vantaxas como o abaratamento de costes, a flexibilidade ou a estimulación de sinerxias positivas.


O coworker

Recordemos que os coworkers son as persoas que comparten os espacios de traballo aínda que non estén no mesmo equipo. No coworking créase unha comunidade, e os coworkers son os seus membros.


Os coworkers son a alma do espacio, xa que sen eles e elas non existiría o coworking.


Como son os coworkers?

Algunhas características que distinguen aos coworkers son:

- Teñen gran interese por aprender, crecer e alimentarse de novas e frescas ideas.

- Non lle temen aos cambios, móvense pola innovación e a creatividade.

- Teñen obxectivos claros e teñen moita paixón polos seus proxectos.

- Están dispostos a colaborar e axudar a outros coworkers. Contribúen a que exista un bo ambiente no espazo e comparten a súa experiencia, vivenzas e coñecementos.

- Moitos destos profesionais son personalidades creativas que axudan aos demais a ver as cousas dende outro enfoque.

- Son persoas con inquedanzas que queren conectar con outros profesionais para aprender, crecer e colaborar.


En xeral os coworkers son a peza fundamental do mundo do coworking. Crean sinerxias e colaboracións que os fan crecer como profesionais. A creación dunha comunidade é vital para compartir as súas ideas e axudarse mutuamente.


Como inflúe o coworking?

Flexibilidade e abaratamento de costes

Os espazos de coworking ofrecen un entorno flexible e sen as limitacións que teñen as oficinas tradicionais. Esto é moi importante e útil para startups e profesionais independentes. A liberdade que ofrecen estos espazos e esta forma de traballo é vital para determinados oficios e profesións.


Ademais, cabe destacar que con esta modalidade evítase invertir en gastos como auga, electricidade, alquiler dun espazo, etc. Esto é un apoio económico para os traballadores, sobre todo para novas empresas ou profesionais que aínda non están completamente asentados e non se poden permitir estos gastos fixos mensuais.


Ampliación da rede de contactos - networking

Co coworking créase un espacio no que os asistentes interactúan e colaboran de maneira directa, ademais de crear ou fortalecer conexións moi valiosas. É dicir, fomenta o networking e inflúe na creación dunha rede de contactos moi amplia e sólida.


Esto axuda ao enriquecemento persoal á hora de coñecer novas perspectivas. Estar con outros coworkers, ben sexa con intereses relacionados aos teus ou non, faiche ter novas visións e ideas que inflúen directamente na túa vida profesional.


Ambiente de motivación e apoio

Relacioado co anterior falamos tamén do ambiente que se crea a partir de estos espazos de traballo e da rede de contactos que se crea a partir do coworking.


Traballar nun ambiente colaborativo con profesionais de diferentes sectores inflúe na motivación e inspiración dos asistentes. A cultura do coworking promove unha mentalidade positiva e de apoio mutuo.


O sentimento que se crea de comunidade reduce, ademais, o aislamento que sofren moitos profesionais nas etapas iniciais. Nestos espazos encóntrase apoio e motivación para superar as trabas ou para seguir progresando e non tira-la toalla.


Como o coworking axuda á productividade e á creatividade

Como xa dixemos, este ambiente de traballo, flexibilidade, comunidade e colaboración, promove unha maior concentración e permite o contacto directo con outros profesionais. Isto inflúe en alcanzar maiores niveis de productividade e creatividade. Ademais, que nun espazo de coworking haxa diferentes salas ou áreas de descanso fai que se cree un entorno moi favorable para ambas cousas.


Traballar xunto profesionais de diferentes sectores e con outras visións fai coñecer novos horizontes e inflúe na xeración de novas vías que surxen grazas á comunicación entre profesionais e ao intercambio de ideas. Estos espazos reúnen a coworkers con diferentes experiencias e con diferentes habilidades, o que, de novo, inflúe na creatividade. 


En xeral, o coworking proporciona numerosas fontes de inspiración. Ademais, as perspectivas doutros profesionais, poden axudar directamente á xeración de novas ideas ou a ver o mundo cunha visión diferente.


Conclusión

Os espazos de coworking están feitos para ser creativos, inspiradores, acolledores e motivadores, polo que todo isto axuda á xeración de novas e innovadoras ideas.


Traballar neste tipo de espazos reduce o estrés e favorece á satisfacción dos traballadores, ademais de axudar a aumentar a rede de contactos e influir directamente na productividade, motivación e creatividade.

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments