Preséntate! Dinos quen es, a que te dedicas e cal é o teu proxecto actual.

Chámome Fede Laport, son programador. Antes dedicábama ás estruturas, estudei obras públicas, pero por vocación coa tecnoloxía acabei programando e, finalmente, lancei un proxecto co meu socio que é Braced.io. É unha plataforma para resolver unións de estrutura metálica na web e, despois, modelar automaticamente estas unións en software BIM cuns plugins que temos.

Cóntanos máis sobre o teu proxecto. Como xurdiu? Cal cres que é o seu futuro?

O proxecto xurdiunos mentres traballábamos na enxeñería e viamos un problema evidente. Todo o mundo tiña problemas coas unións metálicas e, sobre todo, ao cambiar o paradigma e empezar a usar BIM, había moito descontrol, moita desorganización e encontramos que é toda unha necesidade. Nós estamos traballando e buscamos partners para poder enfocalo, personalizalo cara empresas grandes que poidan realmente resolverlles unha porcentaxe grande das súas unións.

Por que decidiches acceder a un coworking en vez de a unha oficina tradicional?

Traballar nun coworking respecto a unha oficina ten moitísimas vantaxes, sobre todo para startups ou empresas que somos poucos. A primeira e máis evidente é o custo, tes todos os servizos de oficina a un prezo máis baixo; e despois hai outro compoñente importante que son as persoas que traballamos soas, que só estamos nós e o noso portátil, pois un necesita un pouco de socialización de oficina, aínda que sexa mínima, e iso dácho o coworking.

Que vantaxes cres que ten traballar nun coworking?

A mellor vantaxe de traballar nun coworking é ter compañeiros/as que son semiprofesionais: non forman parte da túa organización, pero están traballando tamén, entón podes tratar temas profesionais, cada un delimitando a súa parcela de traballo, de actividade.

Que é o que máis che gusta de traballar en Arenaza?

Ademais dos espazos, que o edificio está incrible, o mellor é a xente, porque hai persoas moi guays, xente incrible.

Como transcorre unha xornada laboral para ti?

Aínda que todos os días son distintos para min, a miña xornada típica é deixar ao meu fillo pequeno na gardería ás dez, xa é bastante tarde. Tomo un café ou algo e póñome a traballar. Ás veces baixo a tomar un café rapidiño con outros/as coworkers e despois ata o mediodía. Algúns días quedo a comer e sigo toda a tarde e outros días marcho á casa. Tamén, ás veces, traballo noutros sitios, porque cambiar de espazo é moi positivo para cambiar a maneira na que a túa cabeza está traballando e iso sempre fai ben.

Cales son as túas tres cousas imprescindibles á hora de traballar?

Hai tres ferramentas imprescindibles para min no traballo e son o meu portátil, un sono adecuado e suficiente e unha alimentación e hidratación axeitadas. Esas son as miñas tres ferramentas, non necesito máis. Ben, e Internet!

Que é o que máis che gusta do teu traballo?

O que máis me gusta do meu traballo é a liberdade que, evidentemente, leva unha responsabilidade moi grande, pero para min é fundamental. Téñoo que demostrar con resultados aos meus clientes, pero ao meu ritmo e con liberade para autoorganizarme.

Que cousas che gusta facer no teu tempo libre?

Escoitar música, facer deporte, xogar cos meus fillos… Gústame o fútbol, aínda que o estou intentando deixar por motivos de saúde,e gústame moitísimo conversar, xa se vai ver nesta entrevista, pero gústame moito falar.

Xa para rematar, recoméndanos: unha película, unha serie, un libro e unha canción!

Unhas pelis que me molaron moito son as de Neill Blomkamp, a primeira a de Distrito 9, Elysium e Chappie. Son pelis que están guays porque mesturan un pouco o tema tecnolóxico con como é o ser humano de verdade.
Series… Homeland é unha serie que describe moi ben como funciona a realidade e a actividade que fan moitas veces os estados á marxe da propia legalidade.
Libros quero recomendar dous. Un é Trading for a living, de Alexander Elder, que aínda que é un libro de trading moi técnico, ten un par de capítulos que falan da psicoloxía do ser humano, o comportamento masivo dos humanos e os mercados; o segundo libro é The ethics of liberty, de Murray Rothbard, que me ensinou que o estado é prescindible e o máis importante é a liberade dos individuos na sociedade.
En canto á música, teño tantísimas referencias que non sei nin que dicir, así que quizais un tema clásico foi Bandoleros, de Don Omar e Tego Calderón.


Podes atopar a Fede en:

Páxina web
Linkedin
Twitter

Be the first one to leave a comment!
Sign in or join to post new comments