O Pazo de Arenaza é un lugar cunha gran historia ás súas costas. Por iso, ofrecemos visitas guiadas completamente gratuitas para que a cidadanía poida coñecer a historia deste lugar tan emblemático.
As visitas serán guiadas por Carmen Díaz os días 16, 17, 18, 23, 24 e 25 de febreiro, e o 2, 3 e 4 de marzo. Os xoves e sábados serán ás 12:30 e os venres ás 17:00. A inscrición realizarase a través da páxina web do Pazo de Arenaza neste enderezo web.
A HISTORIA DO PAZO DE ARENAZA
Carmen guiará durante unha hora aos participantes por todo o Pazo, explicando a historia de cada lugar dende que se concebíu ata a época actual. O Pazo de Arenaza foi construido no século XX pola familia Algorri, que o usaba de “casa de verán”. No ano 1940 foi vendido a Victor Mateo Malumbres, que o comprou para a súa muller Isabel de Arenaza, que lle da o seu nome actual, e é nos anos 80 cando o Pazo pasa a mans do Concello de Oleiros.
Actualmente, o Pazo de Arenaza é un espazo de traballo da Deputación Provincial da Coruña, dispoñible para emprendedor@s e novas empresas. O espazo forma parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo da Coruña.
Este centro, ubicado no Concello de Oleiros, está orientado aos sectores de Arquitectura, Urbanismo e Empresas con Base Tecnolóxica. Para formar parte do coworking e poder facer uso dos diferentes servizos que se ofrecen (plan de seguimento, mentorizaxe, axuda en cuestións fiscais e administrativas…) a empresa ou idea emprendedora debe levar menos de dous anos dada de alta, ademais de presentar unha memoria de proxecto que será avaliada por parte de persoal técnico autorizado. No coworking organízanse, ademais, eventos de todo tipo que son abertos e 100% gratuitos, tanto presenciais coma online.
VISITAS GUIADAS GRATUITAS
Para coñecer toda esta historia de primeira man, non dubides en acudir ás visitas guiadas gratuitas que ofrece o Pazo de Arenaza. Carmen, a nosa guía, é unha experta en recursos turísticos. Ademais, é divulgadora de comunicación empresarial e bloqueira dende 2012 no blog Escapalandia.
As visitas serán os días 16, 17, 18, 23, 24 e 25 de febreiro, e o 2, 3 e 4 de marzo. Os xoves e sábados serán ás 12:30 e os venres ás 17:00. Queres vir? Reserva a túa praza nesta ligazón.
Se queres ter o teu propio espazo no Pazo, recorda que temos postos dispoñibles e está aberto o prazo de solicitudes! Podes solicitar un nesta ligazón. Corre que quedan MOI POUCOS!