O Pazo de Arenaza é un coworking que forma parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña, pero, como é o noso día a día?
Hoxe queremos explicarche como funciona o noso espazo de coworking. Sabemos que estás desexando coñecer como se desenvolve unha xornada habitual de traballo no Pazo de Arenaza, polo que gustosamente che ensinamos o seu desenrolo.
O funcionamento dun espazo de coworking
Aínda que o poida parecer, a rutina de traballo nun espazo de coworking é máis sinxela do que pensas. Os nosos e nosas coworkers incorpóranse ao traballo á hora que mellor lles conveña, ben por conciliación, ben por outros traballos. Cada cal ten un posto asignado, coa súa correspondente caixoneira e armario, dende o que traballa.
A persoa en cuestión pode traer todo o material que precise: ordenador, pantallas, soportes ou outros materiais de oficina.
Logo, están dispoñibles unha serie de espazos recurso, que poden empregar en calquera momento que o necesiten. Contamos con aulas de reunións, aulas de formación... e equipos para poder facer grabacións e videoreunións da mellor calidade.
Tamén contamos cunha serie de espazos comúns, como a galería, a cociña ou o xardín, nos cales desconectar ou facer un pequeno descanso. A verdade é que son os espazos que máis valoran os nosos arenazers.
Basicamente, a forma na que funciona un coworking é simple: o/a coworker chega, traballa dende o seu posto e establece o seu propio horario e ritmo. Fácil, verdade?
Entón, que diferencia un coworking dunha oficina tradicional?
.jpg)